Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

AGASALLO FINAL AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Como todos os ano o cariño e o traballo realizado na biblioteca é recoñecido cun pequeno detalle de agradecemento.

Moitas grazas.

ENCONTRO CON AUTORES: A ESCRITORA MARÍA CANOSA

A escritora María Canosa visitounos para os alumnos de 4º e 6º nivel. Unha actividade final despois de leer os libros " A cazadora de estrelas" e "Muriel", éste último premio Merlín de literatura. ENCONTRO CON AUTORES: MARÍA CANOSA on PhotoPeach

ANIMACIÓN LECTORA DE OLGA CUERVO

A actriz galega de Olga Cuervo, fixo unha dramatización do seu contacto cos libros, e logo presentounos a animación lectora do libro "OJO DE NUBE" de Ricardo Gómez.


ANIMACIÓN LECTORA DE OLGA CUERVO on PhotoPeach

ENTREGA DE MOCHILAS DO CEFORE

No último trimestre colaboramos co CEFORE de Vigo na entrega de mochilas de cómic e poesía. As mochilas estiveron en tercer e sexto nivel.Unha selección de lecturas moi interesante. ENTREGA DE MOCHILAS DO CEFORE on PhotoPeach

TEATRO DE SOMBRAS DO ALUMNADO DO COLEXIO SAN RAFAEL

O alumnado do colexio San Rafael teatralizou a obra do libro "Monstruo de cores", utilizando un teatrillo de sombras. Fixeron unha actividade de Educación inclusiva, dramatizando unha obra que reforza a educación en valores. TEATRO DE SOMBRAS on PhotoPeach

POSTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS NA FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO DO COLEXIO

O mércores día 16 de maio, celebramos a Festa da Reconquista de Vigo no colexio, dentro da Semana Cultural das Letras Galegas. A biblioteca Moraima participou cun posto de "intercambio de libros", libros que, voluntariamente traían das súas casas.

VISITA BIBLIOTECA NEIRA VILAS DE VIGO

Os alumnos/as 3ºAB visitaron a biblioteca Neira Vilas de Vigo para reforzar a súa formación de usuarios. Como actividade final a bibliotecaria fixo un contacontos do libro "A árbore xenerosa" e finalmente tamén lemos libros seleccionados por ela. Foi unha xornada moi lectora! VISITA A BIBLIOTECA NEIRA VILAS on PhotoPeach

PUBLICIDADE NA WEB "GALICIALE"

A Xunta de Galicia e Bibliotecas Escolares de Galicia diseñaron esta web para préstamo dixital de libros on line e películas. Aprobeitade!!
(pendente de imaxes)

ENCONTRO CON AUTORES: IAGO LÓPEZ PARA

O xoves 10 de maio tivemos unha animación lectora co autor IAGO LÓPEZ dos libros "Riciños de Ouro" e "Lobito feroz", para a alumnado de 1º e 2º nivel.


ENCONTRO CON AUTORES: IAGO LÓPEZ on PhotoPeach

DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL 2018

Como todos os anos anteriores tivemos unha sesión de lectura no patio do colexio. Fixemos apadriñamento lector dos alumnos/as maiores 4º 5º 6º con 1º 2º 3º, en parellas. Unha xornada de lectura e diversión. DIA DO LIBRO 23 DE ABRIL DE 2018 on PhotoPeach

ENCONTRO CON AUTORES: LEDICIA COSTAS

O dez de abril visitamos a escritora galega Ledicia Costas. Tivemos unha sesión de comprensión sobre aspectos do libro "A SEÑORITA BUBBLE".

ENCONTRO CON AUTORES "LEDICIA COSTAS" on PhotoPeach

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA. 21 DE MARZO

A biblioteca Moraima puso en marcha un BAÚL DE POESÍA con fondo novo de poesía e unha selección de libros do PREMIO NACIONAL DE LITERATURA 2017, O poeta vigués ANTÓN GARCÍA TEIJEIRO. Este baúl circulará desde o 6º nivel ata o primeiro nivel, durante o curso. Esta actividade promocionará a lectura de poesía no centro. DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA. 21 DE MARZO on PhotoPeach

OITO DE MARZO. DÍA DA MULLER "CONTOS EN FEMIMINO"

A actividade lectora "Contos en femimino" celebrarase con gallo do Día da muller, o xovesa 8 de marzo. Con ese lema, a Biblioteca Moraima, artellará un repertorio de relatos protagonizados por figuras femininas ou creadas por escritoras. Este conxunto de contos estará na entrada do colexio cun mural, e viaxará durante unha semana por todas as aulas.

OITO DE MARZO DIA DA MULLER "CONTOS EN FEMIMINO" on PhotoPeach

DÍA DA MULLER E DA NENA CIENTÍFICA. BIBLIOTECA PÚBLICA XOSÉ NEIRA VILA

Os alumnos de 4º nivel asistiron á biblioteca públlica "Xosé Neira Vilas", ás actividades do "DÍA DA MULLER E NENA CIENTÍFICA", sempre promocionando a lectura e a investigación.







TALLER DE PROXECTO "PEIXES EN FAMILIA"

Tras estudiar o oficio de "peixeira" do proxecto do centro, o alumnado do terceiro nivel participou nun taller de costura de peixes coa colaboración dunha nai do centro.
Esta colaboración tamén fomentou a lectura cun libro sobre os mexilóns de E Calandraca "Barxilón no mar de latón"

TALLER DE PROXECTO "PEIXES EN FAMILIA" on PhotoPeach 

30 DE XANEIRO "DÍA DA PAZ"

Como todos os anos celebramos o "Día da Paz" no colexio. Todo o alumnado cantou unha canción do libro de "Mamá Cabra".
Desde a biblioteca fomentamos a lectura cunha mochila viaxeira con dous títulos "Eduardo" e "Todos somos diferentes", con temática de valores e solidaridade. Estará catro semanas polas clases de primeiro e segundo nivel.
30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ on PhotoPeach

TEATRO "AMEAZA INVISIBLE"

Os alumnos de terceiro nivel, foron ao Auditorio Municipal, e viron unha obra de teatro sobre o ciclo de mexilón galego. Esta obra foi representada por alumnos de secundaria e redactada coa colaboración do Instituto de Investigaciones Cienttíficas de Vigo.
(pendente de imaxes)

RECOMENDACIONS DE NADAL

Todos os anos o equipo da biblioteca elixe os libros para reconmendar no Nadal.
No terceiro trimestre, teremos as actividades de animación e encontro con autores destes libros.




MOCHILA DAS EMOCIÓNS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA

O equipo da biblioteca con libros adquiridos do novo fondo do actual ano, programou unha maleta viaxeira con 28 libros da temática das emocións e a intelixencia emocional. Comenzou en 1º nivel e estará dez días para o curso.
(pendente de imaxes)

TEATRO "O RESTAURANTE FARRUCO"

Os alumnos/as de 3ºA fixeron a dramatización da otra de teatro de Chus Pereiro "O RESTAURANTE FARRUCO" libro da biblioteca do centro. Presentáronna no festival de Nadal

TEATRO "O RESTAURANTE FARRUCO" on PhotoPeach

DRAMATIZACIÓN DE ALUMNOS DE 5º NIVEL DO LIBRO "AS TRES CURUXIÑAS"

Foron catro alumnas de 5º nivel, que sensibilizadas polos grandes incendios no final de verán en Galicia e orientadas polo equipo de biblioteca, fixeron unha dramatización do libro "As tres curuxuiñas" do escritor Martín wadell. O libro trata do medo que ten a fauna de perder o seu hábitat. Tamèn difundiron o seu libro "Lume"! do escritor galego.
A lectura dramatizada fíxose na biblioteca no proxecto lector aos dous cursos de 2º nivel.
Parabens alumnos e alumnas!!

DRAMATIZACION DO ALUMNADO DO 5º NIVEL DO LIBRO "AS TRES CURUXIÑAS" on PhotoPeach

LinkWithing

Enlace con post antiguos