Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

VISITA DO AUTOR MARCOS CALVEIRO

O día 4 de maio, tivemos unha sesión co escritor Marcos Calveiro, logo de ler o seu libro “Unha casiña branca”. Explicounos como no mundo de inxusticias que compartimos moitos nenos viven como Nenoradio e Nenapilas grazas o lixo. Fixemos preguntas sobre diversos finais do libro e finalmente o autor agasallounos coa sinatura de libros. VISITA DO AUTOR MARCOS CALVEIRO on PhotoPeach

VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

O vernes 29 de abril o alumnado de 3º de Primaria, visitou a biblioteca “Xosé Neira Vilas”. É unha biblioteca conectada a rede modal de Galicia. Tivemos unha sesión de educación documental e tamén de presentación de lecturas. VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS on PhotoPeach

LECTURAS COMPARTIDAS INTERCOLEXIOS NA BOUZA

Co gallo das celebracións do Día do libro, o alumnado de terceiro do CEP Celso E. Ferreiro e o alumnado de educación infantil de 5 anos de CEIP Seis do Nadal, tiveron unha xornada de lectura compartida. Os grupos de terceiro recitaron poesías do libro de Cantarolas de Xosé Neira Vilas e os grupos de infantil recitaron a Rosalía de Castro. Despois os maiores apadriñaron aos pequenos lendo un libro en galego. Foi unha xornada lúdica e moi, moi lectora. LECTURAS COMPARTIDAS INTERCOLEXIOS NA BOUZA on PhotoPeach

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Todos os anos é un día especial, ano tras ano, saímos o patio a ler todos xuntos, lecturas compartidas interniveis. Este curso co lema “un conto, unha flor”, todo o alumnado agasallou os seus compañeiros lectores con flores compartidas. DÍA DO LIBRO on PhotoPeach

ERIKA ESMORÍS

Os grupos de 5º de Primaria, tiveron un encontro coa escritora o 19 de abril. Ela recentemente gañou o Premio Merlín de literatura infantil 2015, coa novela “Nena e o mar “(Xerais, 2015). Este e o libro que os grupos de 5º leron conxuntamente. Con ela tivemos unha sesión moi interesante de preguntas sobre a trama e final do libro. VISITA DA ESCRITORA ERICA ESMORÍS on PhotoPeach

ENCONTROS COA ESCRITORA MARÍA CANOSA

Os nenos e nenas de 4º de EP recibiron no colexio a escritora Mª Canosa, autora do libro Rubicundo. A ilustre explicoulles moitas cousas do libro: como se inspirou, cando o escribiu... Cando rematou  a charla, a escritora asinou os libros e púxolles unha dedicatoria como: "Que polo mundo encontres moitos Rubis amables e cariñosos". ENCONTROS COA ESCRITORA MARÍA CANOSA on PhotoPeach

DÍA DA POESÍA E O TEATRO

A biblioteca Moraima programou unha seman de exposición de libros de poesía para celebrar o Día Internacional da Poesía , o 21 de marzo. Tamén houbo un recital de poesías interclases de terceiro nivel. O Día Internacional do Teatro, o día 27 de marzo, tivemos una exposición de libros de teatro. DÍA DA POESÍA E DO TEATRO on PhotoPeach

CHARLA COA ESCRITORA MAR GUERRA

O mércores 13 de abril a escritora do libro Xenaro e a negra sombra, Mar Guerra, veu ao noso colexio para darnos unha charla moi interesante. Fixémoslle moitas preguntas e elas contestounas moi ben e con moitas anécdotas. A pregunta máis interesante foi: "Como te inspiraches na personaxe de Xenaro?". Respondeunos que ela é como Xenaro, un pouco pesada ao falar e tamén un pouco "tiquismiquis". A charla foi moi divertida e instrutiva. Logo, aos nenos que tiñan o libro, firmoullo cunhas agradables e simpáticas palabras.

CHARLA COA ESCRITORA MAR GUERRA on PhotoPeach

LinkWithing

Enlace con post antiguos