Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DÍA DE ROSALIA



Hoxe, día 24 de febreiro, imos celebrar o Día de Rosalía coincidindo co seu aniversario.
  • Na entrada do centro teremos, en exposición, ao longo desta semana un libro elaborado polos alumnos do centro no ano 2013. Toda a comunidade educativa pode botarlle un ollo a este bonito traballo.
  • Recibiremos e despediremos aos alumnos e alumnas con música coa letra de Rosalía:
- Adios ríos, adios fontes de Amancio Prada.
- Campanas de Bastabales de Amancio Prada.
- Negra sombra de Luz Casal e Carlos Núñez.
  • No Plan Lector, despois do recreo, os alumnos e alumnas do centro recitarán poesías de Rosalía. Farano pola megafonía do centro. O resto dos alumnos escoitarano nas aulas e nos andares do centro. Por ciclos recitarán os seguintes poemas:
- 1º ciclo: Adios ríos, adios fontes
- 2º ciclo: Campanas de Bastabales
- 3º ciclo: Castellanos de Castilla






DÍA DOS NAMORADOS SAN VALENTÍN

O 12 de Febreiro os alumnos/as de 4º nivel fixeron de contacontos para os seus compañeiros/as de 3º nivel, dos libros relacionados coa temática de amor e de rexeitamento da editorial Kalandraka: "As lentes para ver" e "As tres princesas"







Os alumnos/as de 6º practicaron a expresión poética polo día de "San Valentín", sendo magníficos poetas e poetisas como leeremos nestes exemplos:




LinkWithing

Enlace con post antiguos