Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA MORAIMA




Inauguracion cep celso em ilio ferre on PhotoPeach











Tras meses de intenso traballo inauguramos o día 18 de Novembro a nosa nova biblioteca Moraima!
Moitas ilusións e moito esforzo para crear un novo espazo de lectura e lecer do que puidese gozar o noso alumnado.
Neste emotivo acto puidemos asistir á interpretación dunha canción por parte de alumnado dirixido por un pai e axudado nos coros por unha nai e ao recitado de poemas do escritor Celso Emilio Ferreiro que dá nome ao noso centro.

Acompañáronnos neste día tan especial varias autoridades e representantes da comunidade educativa aos que lles damos as grazas pola súa presenza: o  noso inspector de educación, o alcalde, a concelleira de educación, o concelleiro de emprego, representantes do IES Álvaro Cunqueiro e da EEI Cristo da Victoria, representantes da ANPA e o anterior conserxe, Javier, que deseñou e realizou a montaxe de gran parte do mobiliario e, por suposto, profesorado e alumnado do centro.






 

 

 


GRAZAS EQUIPO DE AXUDANTES

O equipo de axudantes formado por trece alumnos/as de 5º e 6º nivel de primaria, despois de colaborar todo o ano, recibiu un obsequio da biblioteca. Moitas grazas, e ata o ano que ven.


GRAZAS EQUIPO DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA on PhotoPeach

ENCONTRO CON JACOBO FERNANDEZ SERRANO

O 23 de Maio o ilustrador Jacobo Fernández Serrano tivo un encontro co alumnado de primeiro ciclo. Todos leeron o libro "O RAPOSO E A MESTRA" do  autor Manuel Rivas.

ENCONTRO CON JACABO SERRANO on PhotoPeach

GAÑADORES DE 2º CERTAME DE TEATRO ESCRITO 2º E 3º CICLOS

O equipo da biblioteca seleccionau as tres mellores historias de teatro co tema das matemáticas. Os alumnos gañadores foron:

1º premio:       ROBERTO PRADO 6ºB
2º preimio:      GAÉL SUÁREZ 4º A
3º premio:       ERIK DOSSO 3º B




ENCONTRO CON AN ALFAYA

O alumnado de 6º curso asistiu o día 24 de Abril a un encontro ca escritora An Alfaya, despois de traballar o libro "O FÍO VERMELLO"






AN ALFAYA on PhotoPeach

DÍA DO LIBRO 2015

Todos os anos, no día do libro, temos unha sesión de lectura ao aire libre no patio do colexio. Este ano mesturamos o alumnado do nivel en parellas de lectura, para favorecer un clima de convivencia e unión pola lectura.



Aprobeitando este mes de lectura, temos expostas as novidades na biblioteca e decorada a entrada con esta celebración.

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL on PhotoPeach

ANIMACIÓN Á LECTURA PRIMEIRO CICLO

O venres día 10 de Abril o alumnado do primeiro ciclo, despois da lectura do libro  "OS CORVOS NO XARDÍN",  do escritor Aldeus Huxley,  tivo unha animación co actor Miro Pereira.

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O alumnado de 4º nivel visitou o día 27 de Marzo a exposición guiada "DA CIENCIA Á FICCIÓN" no Pazo de Cultura de Pontevedra. ( www.solondolibro.org.)

VISITA AO SALÓN DO LIBRO on PhotoPeach

DÍA DO TEATRO

O día 27 de Marzo celebrouse o día do teatro a nivel mundial. Neste curso realízase " o segundo certame de creacións de obras de teatro" en 2º e 3º ciclos. Neste concurso haberá tres premios, que se entregarán o día das Letras Galegas. Tamén hai unha exposición de libros de teatro na biblioteca.
Finalmente para conmemorar este día, tamén tivemos connosco o contacontos "PACO NOGUEIRAS", para o alumnado de 2º nivel, con tres libros de Kalandraca.


DÍA DO TEATRO on PhotoPeach

DIA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, celebrouse o día da poesía. O equipo programou un díptico de investigación do autor "LOPE DE VEGA", como autor de creación poética e teatral. Tamén realizouse unha exposición na biblioteca de libros de poesía.

DIA DA POESIA on PhotoPeach

ENCONTRO CON ANA ALONSO

O alumnado de 2º ciclo tivo un encontro coa escritora Ana Alonso, coa colección " PIZCA DE SAL", logo de traballar catro dos seus libros e intercambialos. Esta colección prende moito interés nos alumos/as pola diversidade de historias e materiais traballados a partir delas.






DÍA DE ROSALIA



Hoxe, día 24 de febreiro, imos celebrar o Día de Rosalía coincidindo co seu aniversario.
  • Na entrada do centro teremos, en exposición, ao longo desta semana un libro elaborado polos alumnos do centro no ano 2013. Toda a comunidade educativa pode botarlle un ollo a este bonito traballo.
  • Recibiremos e despediremos aos alumnos e alumnas con música coa letra de Rosalía:
- Adios ríos, adios fontes de Amancio Prada.
- Campanas de Bastabales de Amancio Prada.
- Negra sombra de Luz Casal e Carlos Núñez.
  • No Plan Lector, despois do recreo, os alumnos e alumnas do centro recitarán poesías de Rosalía. Farano pola megafonía do centro. O resto dos alumnos escoitarano nas aulas e nos andares do centro. Por ciclos recitarán os seguintes poemas:
- 1º ciclo: Adios ríos, adios fontes
- 2º ciclo: Campanas de Bastabales
- 3º ciclo: Castellanos de Castilla






DÍA DOS NAMORADOS SAN VALENTÍN

O 12 de Febreiro os alumnos/as de 4º nivel fixeron de contacontos para os seus compañeiros/as de 3º nivel, dos libros relacionados coa temática de amor e de rexeitamento da editorial Kalandraka: "As lentes para ver" e "As tres princesas"







Os alumnos/as de 6º practicaron a expresión poética polo día de "San Valentín", sendo magníficos poetas e poetisas como leeremos nestes exemplos:




DÍA DA PAZ NA BIBLIOTECA

A bilioteca programa varias actividades:
En principio fixemos unha exposición de libros de valores, para reforzar a lectura de libros de temática da paz e valores. Seleccionamos un libro por aula para a súa lectura en gran ou pequeno grupo.
Finalmente decoramos a entrada da biblioteca, cun mural de libros seleccionados e, a nosa mascota portando a pomba de PAZ.
A selección de libros é a seguinte:

1ºA     LA ZANHAORIA GIGANTE
1ºB     PEQUEÑA MANCHA
2ºA     EL REY DE LOS ANIMALES
2ºB     EL PASTOR MENTIROSO
3ºA     EL GORILA Y EL ESFUERZO
3ºB     EL CONEJO Y LA SINCERIDAD
4ºA     LA FIERA Y LA AUTOESTIMA
4ºB     EL ELEFANTE Y LA GENEROSIDAD
5ºA     TU SERÁS MI FLOR
5ºB     Y DEJÓ ESCAPAR SUS OJOS
6ºA     EL SECRETO DE LARA
6ºB     EL LIBRO QUE SE SINTIÓ SOLO







POSTA EN MARCHA DAS BIBLIOCAIXAS

O equipo da biblioteca entregou por cursos as "BIBLIOCAIXAS", para favorecer o préstamo dos libros ás aulas.



A BIBLIOTECA E A EXPRESIÓN ESCRITA NO NADAL

O segundo ciclo, programou coa orientación da biblioteca, a actividade de expresión escrita "UN CONTO DE NADAL". O alumnado de 3º e 4º nivel, escribiron un conto de fantasía do Nadal e logo fixeron unha exposición na biblioteca á volta das vacacións de Nadal.




LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Como todos os anos a biblioteca, selecciona uns títulos de recomendacións lectoras para cada nivel.
Estos libros serán traballados no segundo trimestre e logo haberá un encontro ou animación co autor.
Este ano, son os seguintes libros:

1º "O RAPOSO E A MESTRA" Manuel O´Rivas
2º "OS CERVOS NO XARDIN" Aldous Hwxley
3º-4º Ana Alonso, autora de catro títulos: "UN Nº MÁXICO", "CÓMO HABLAR CON TU ROBOT", "ANTES DE MEDIA NOCHE", "LOS MAGOS DEL GRAN BAZAR"
5º "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" Ledicia Costas
6º "O FÍO VERMELLO" An Alfaya








LinkWithing

Enlace con post antiguos