Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

NADAL


O equipo deseñou varias actividades:
Selección dos libros de Nadal, que leeremos e traballaremos de cara a un encontro ou animación do libro no segundo e no terceiro trimestre.
Exposición de libros de educación artística.
Tamén disfrazamos a nosa mascota CELIO de Rei Mago.




UN LIBRO, UN RETO, UN COLEXIO!!!


O equipo deseñou unha nova actividade para aumentar a competencia lectora do centro. consiste en  e leer todo o alumnadorofesorado o libro en galego "CONTOS DE RATIÑOS" do reputado escritor Arnold Lobel, da editorial KalandraKa. Haberá tres libros, un para cada ciclo, circulando cunha libreta rexistro dentro dun bolsiño. Na libreta rexistro, os alumnos/as na súa páxina co seu nome e data, escribirán unha frase do libro e un debuxo do mesmo, para que quede rexistrado o reto cumprido.





ANIMACIÓN DO LIBRO "NÚMEROS PARES, IMPARES E IDIOTAS"

O alumnado do 2º ciclo tras a lectura do libro "Números pares, impares e idiotas" de Juán José Millás, tivo unha animación na última semana do Nadal da editorial SM.






VENRES EN GALEGO


Dentro de actividade da TRADICIÓN ORAL GALEGA, os grupos de 4º nivel, interpretaron unha escolma de dez cancións aos alumnos de 1º nivel, no primeiro "VENRES EN GALEGO"




















TRADICIÓN ORAL GALEGA NA BIBLIOTECA

Oa grupos de 4º nivel (A-B) celebraron a "TRADICIÓN ORAL GALEGA"  no presente curso, cunha mestura de tres cancións recollidas do " CANCIONEIRO POPULAR GALEGO" e novas cancións dos libros da colección de "MAMÁ CABRA": " Mamá cabra, Ola, Ola, la!"," Maamá cabra, bicos de música" e "Tic-Tac".


















MOCHILA DA POESIA


Tivemos no colexio a mochila da  poesía, ofertada polo CEFORE de Vigo, durante quince días. Todos os nenos/as tiveron a ocasión de gozar dela durante o Proxecto Lector.






CERTAME DO COMIC


Aquí temos o I certame do comic de medo, programado dende a biblioteca.

O tema era "O MEDO E AS MATEMÁTICAS"












Estos son os nenos e a nena gañadores do comic.

Roberto Prado 6ºB           Celia Folgar 3ºA           Brais Castrelos 4ºA







MOCHILA VIAXEIRA

Outro ano mais repartindo lectura. O Celio leva a cada aula a súa mochila viaxeira para o lecer dos nenos/as na casa.







BENVIDOS/AS Á BIBLIOTECA

Benvidos/as á biblioteca 2014-2015! O novo curso estará cheo de lecturas e recursos!! Descúbreos!!




Este curso bibliotecas escolares anima á lectura en relación á área de matemáticas! é a nosa biblioteca tamén!!






GRAZAS AXUDANTES

Agora que xa remata o curso, desde a biblioteca do Celio queremos dar as grazas ao grupo de axudantes que colaboraron durante todo o curso para facer a nosa labor un pouco máis fácil. Grazas compañeiros e disfrutade dos vosos agasallos!






CELIO XA ESTÁ AQUÍ

Xa podedes comprobar a nova cara do Celio! O noso querido amigo tivo que ausentarse durante un tempo para facer un lavado de cara, que xa estaba o pobre un pouquiño vello. Pero grazas ao traballo da titoría de 5ºB nas clases de plástica xa o temos en plena forma, e no lugar que lle corresponde.


VISITA DE ANXO FARIÑA

Os nenos e nenas do 3º ciclo recibiron en xuño a visita do autor dos Megatoxos, o escritor e dibuxante Anxo Fariña. O autor non so falou da súa famosa saga de libros, senón que tamén mostrounos en vivo como debuxar aos personaxes. Ademais adicounos un deles para gardar na nosa biblioteca como recordo.


VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ

O 30 de maio os nenos e nenas do 1º ciclo recibiron a visita do escritor Jacobo Fernández Serrano, e puideron falar co creador do simpático Marcopola, que deixounos unha mostra do seu traballo como agasallo para a biblioteca.






GAÑADORES DO TEATRO

Desde a biblioteca do Celio queremos dar a noraboa aos tres gañadores do 1º certame de teatro "O teatro dos vexetais": Sandra Noya de 6ºB, Gael Suárez de 3ºA e Ruth Digiorgio de 4ºA. Grazas polos vosos traballos e disfrutade moito dos vosos agasallos.



CAMA E CONTO

Co gallo da visita do autor Gonzalo Moure para falar do seu libro Cama e conto, a biblioteca do Celio tivo un novo escenario: unha cama onde os nenos e nenas podían pasar a ler os seus libros favoritos. Aquí tedes unha mostra.



VISITA DE GONZALO MOURE

O pasado día 9 de maio tivemos a sorte de contar coa visita do escritor Gonzalo Moure, que estivo  cos nenos e nenas do segundo ciclo para falar do seu libro Cama e conto. Ademais de escoitar e respostar ás preguntas dos alumnos o escritor tamén tivo a oportunidade de visitar a cama que decoraba a biblioteca no seu honor.


VISITA DE GONZALO MOURE
DÍA DO LIBRO

O 23 de abril como cada ano celebramos o día do libro. E como xa fixeramos o ano anterior, ese día decidimos realizar a sesión do plan lector ao aire libre, disfrutando da lectura e do bo tempo. Nesta presentación poderedes comprobar o ben que o pasamos.


DÍA DO LIBRO 2014 on PhotoPeach


DÍA DO TEATRO

Coa celebración do día do teatro a biblioteca do Celio cambia de aspecto. Agora poderedes atopar un recuncho adicado ao teatro cunha recompilación de obras dramáticas para todos os niveis. Ademais este curso os nenos e nenas podedes participar na actividade "O teatro dos vexetais", entregando as vosas propias obras. Lembrade que o gañador recibirá un fantástico MP3. Moita sorte!





LinkWithing

Enlace con post antiguos