Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo
DÍA DO LIBRO

Tal e como o noso amigo Celio prometeunos días atrás, xa podedes disfrutar co novo mural que decora a entrada do noso cole, e que está composto por as vosas fotos lendo un libro. Non pode haber mellor homenaxe para este día tan sinalado. Xa atopáchedes as vosas?






 
 QUE PRACER É LER on PhotoPeach
O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE



Dende a Biblioteca o noso amigo Celio querevos animar a participar nun traballo colaborativo que implique a todo o centro.

Aproveitando a actividade do horto escolar que tanto interese suscitou, propoñemos a todos os grupos un traballo de investigación sobre aspectos relacionados con este tema. De este modo, ademais de coñecer de forma práctica como se cultiva a terra para obter froitos, tamén indagaremos noutros aspectos relacionados, dos que extraeremos información valiosa e útil que logo compartiremos con todos os compañeiros a través dunha exposición dos diferentes traballos feitos polos grupos.

 Por este motivo, na biblio creamos un espacio de información chamado "O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE". Alí podedes consultar libros moi interesantes sobre todo o relacionado co tema, e os vosos mestres tamén poderán levalos para clase durante 15 días, apuntándose no caderno de préstamos que estará alí situado.
 
 
 
 


 

 

AXUDANTES NA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca xa conta con un grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º encargados de axudarvos en todo o que se refira ao funcionamento diario da biblio: buscar libros, préstamo, devolucións, ordenar, dúbidas, etc. Poderedes recoñecelos porque visten un peto amarelo, así que xa sabedes!




MÁIS LIBROS DE "TÚ DECIDES TU AVENTURA"

Tendo en conta o enorme éxito que están a ter os libros da coleción "Tú decides tu aventura", o noso amigo Celio complácese en anunciar a chegada de tres novos títulos que xa están á vosa disposición na biblioteca. Dous de eles son unha suma de outros dous libros respectivamente! Disfrutádeos!







  CARTA DE CELIO: QUE PRACER É LER

 Ola amigos:

Co gallo do día do libro que celebraremos dentro de poucos días (o 23 de abril), quero propoñervos unha actividade moi especial:
                QUE PRACER É LER, QUÉRELO VER?
Consiste na elaboración dun mural con forma de libro, que se colocara na entrada do cole. Este mural estará formado por unha fotografía de cada un de nós na que saiamos lendo (en calquera lugar ou situación, con calquera compañía…SIMPLEMENTE LENDO).

O único que tedes que facer e traer a foto que queirades que coloquemos no mural, na que saiades lendo algún libro, revista, xornal… A data límite é o día 19 de abril.

Non vos esquezades de poñer o voso nome e o voso curso por detrás para logo poder devolvela ao seu dono ou dona.

Animádevos a participar!

PD: Eu xa elixín a miña foto.

LinkWithing

Enlace con post antiguos