Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo
QUE AMOR DE BIBLIOTECA!

O conseguimos! O chamamento que o noso querido Celio fixo para que decorásemos a biblioteca cos nosos corazóns foi todo un éxito. E as vosas mensaxes de amor pola lectura ou por algún libro en particular xa pódense ver na biblio. Así que xa sabedes, acercádevos ata aquí e a disfrutar da lectura!










NAMORADOS DOS LIBROS

Ola amigos e amigas:
Dentro de poucos días vai ser o 14 de febreiro. Dende a biblioteca queremos celebrar con vós o día dos namorados, e para iso propoñémosvos que demostredes o voso amor pola biblioteca, pola lectura, por unha historia que vos namore, por algún personaxe que vos encante....
Cada un de vós terá un corazón onde plasmar o seus sentimentos. Podedes facelo en forma de carta, canción, poesía, refrán, trabalinguas… ou o que se vos ocorra.
Todos estes corazóns chearán a Biblioteca de amor durante toda a semana.

Un bico.  
Celio


AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están aquí! Xa chegaron as mochilas viaxeiras ao noso cole! O noso querido Celio vai prestarnos desde agora ata o remate do curso unha mochila para cada aula. Esta mochila vaina levar un alumno ou alumna cada venres, e terá que devolvela o xoves da seguinte semana. Nela poderedes atopar unha variedade de libros de poesía, narrativa, terror, consulta e cómic, ademáis de un DVD dalgunha película moi interesante. Todo este material está destinado a ser compartido por todas as familias, e así favorecer o gusto pola lectura. Non esquezades que dentro da mochila también vai un caderno viaxeiro, onde podedes recoller as vosas impresións dos libros e deixar suxerencias sobre a actividade, os materiais, o que más vos gustou, ou incluso un debuxo. Lembrade eso sí, que tedes que ser puntais na devolución das mochilas, para que así todos os alumnos e alumnas poidan disfrutar de elas!



LinkWithing

Enlace con post antiguos