Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

LETRAS GALEGAS 2012

Foi por marzo de 1963 cando tres académicos numerarios decidiron presentar na Real Academia Galega (RAG) un escrito en que se pedía a celebración do Día das Letras.
                Eles foron Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e o motivo de tal solicitude: festexar a publicación, cen anos antes, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, unha obra que “dignificou a nosa lingua e o seu uso literario”. Así, a petición destes tres académicos orientábase a consagrar o 17 de maio e “con carácter de perdurabilidade o simbolismo desta data nunha celebración anual”.
                O 28 de abril do mesmo ano, nunha Xunta ordinaria, todos os membros da RAG acordaban celebrar cada 17 de maio o DIA DAS LETRAS, co obxectivo de difundir a obra dalgún dos nosos autores e autoras. Sendo o centenario de Cantares Gallegos ese ano, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada, e seguíronlle Eduardo Pondal, Curros Enríquez e outros moitos escritores e escritoras...
 
 
Valentín Paz-Andrade 
(Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987)
Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a este home polifacético que destacou como xurista, economista, político, empresario, ensaísta, poeta e xornalista. Sempre tivo presente, tanto na súa obra literaria como na súa faceta empresarial, a Galicia e a súa lingua.






RECOMENDACIÓNS DE LECTURA NAS LETRAS GALEGAS

LinkWithing

Enlace con post antiguos